Día 17 – Serie de televisión

Coca, farlopa, perico, merca, Fariña. Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aunque agora pareza un pesadelo antigo, nos anos 90 o 80 por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. A través de testimonios diretos de capos, pilotos de planeadoras, arrepentidos, xueces, policías, periodistas e madres de toxicómanos, Nacho Carretero retrata con minuciosidad este paisaxe criminal. Fariña inclúe, ademáis, un repaso inédito polos clanes que siguen operando hoxe en día. http://www.sensacine.com/series/serie-20826/

O MEU COMENTARIO

A trama paréceme moi interesante e axúdanos a coñecer máis sobre o pasado de Galicia onde a droga e o narcotráfico estaban moi presentes e lévanos desde o ano 1975 ata a actualidade. Nesta serie tan orixinal baseada en feitos reais encóntranse personaxes de todo tipo.

Resultado de imagen de fariña
Anuncio publicitario

Día 16 – Asociacións ou ONGs

A axuda humanitaria é a principal acción da maioría das ONGs do mundo, orientadas a atender ás persoas afectadas por catástrofes humanas ou naturais e guerras. As axudas non só se centran en servicios sanitarios, senon que tamén na defensa dos dereitos humanos, protección das víctimas… https://www.guiaongs.org/directorio/ayuda-humanitaria/

O MEU COMENTARIO

ACNUR é a Axencia da ONU para os Refuxiados. Millóns de persoas necesitan a axuda de ACNUR para sobrevivir e ver os seus dereitos protexidos. Con máis de 65 anos de experiencia, a Axencia traballa en 134 países para atender as necesidades de todas as persoas que tiveron que fuxir a causa da guerra, a persecución ou a violación de dereitos humanos. https://www.acnur.org/es-es/el-acnur.html

Resultado de imagen de acnur

Día 15 – Película de cine

O que arde’ é unha película galega que trata sobre Amador, quen sae da cárcere tras provocar un incendio e volve a vivir coa súa nai Benedicta nunha aldea perdida nas montañas lucenses. Móstranse as súas vidas no campo coas vacas e o seu can ata que hai un fogo violento ao final. https://www.filmaffinity.com/es/film825296.html

O MEU COMETARIO

Eu a vin recentemente e paréceme que podes aprender moito sobre a vida rural galega ademáis de darlle visibilidade aos incendios que teñen lugar cada ano na nosa comunidade autónoma, Galicia.

Lo que arde

Día 14 – Ecoloxía e medio ambiente

A estas alturas xa é obvio que a crisis ecolóxica constitúe unha ameaza para a supervivencia da especie. O cambio climático é unha realidade aplastante, e esixe a toma de medidas que non parece que as grandes corporacións industriais do planeta estean realmente dispostas a tomar, amparadas nuns poderes políticos que non ponen en práctica o seu propio discurso. https://www.elviejotopo.com/topo_express_category/ecologia/

O MEU COMENTARIO

Cada vez ten máis visibilidade o tema da ecoloxía e o medio ambiente. Persoas como Greta Thunberg actúan día tras día para combatir o cambio climático e concienciar á xente iniciando movementos como os venres polo futuro. Tamén Leonardo DiCaprio tomou medidas creando organizacións e producindo documentais sobre o tema.

Resultado de imagen de LEONARDO DICAPRIO FUNDACION

Día 13 – Museos

Museos Científicos Coruñeses é un servizo da Xunta da Coruña que comprende tres museos de ciencia interactivos: a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. O seu obxectivo é ofrecer á cidadanía recursos para incorporar a ciencia á súa cultura, para comprender mellor o mundo no que vivimos.

As súas numerosas actividades inclúen exposicións, talleres… Tamén hai outros museos sobre a vida mariña ou monumentos. http://www.coruna.gal/mc2/es?argIdioma=es

O MEU COMENTARIO

Na Coruña hai numerosos museos entre os que se encontran a Domus, museo dedicado ao ser humano. É un dos tres museos científicos da cidade xunto coa Casa das Ciencias, museo interactivo que inclúe un planetario e tres plantas de exposicións. Tamén destaca o museo de Belas Artes.

Resultado de imagen de PLANETARIO CASA DE LAS CIENCIAS
Planetario Casa das Ciencias 

Día 12 – Cociña ou gastronomía galega

A gastronomía de Galicia é famosa pola súa calidade e a súa variedade. O lacón con grelos para moitos trátase do prato estrela da cociña galega. https://www.abc.es/local-galicia/20130202/abci-diez-platos-cocina-gallega-201301311406_1.html

O MEU COMENTARIO

Os mellores pratos son o cocido galego, o polbo á feira, nacionalmente coñecido, o marisco, a empanada, as máis famosas son as de atún, bacalao ou zamburiñas, filloas, as cales podes acompañar con chocolate, marmelada…, caldo galego, ternera galega, pan galego, pementos de Padrón ‘uns pican e outros non’ e a tarta de Santiago que forma parte da repostería compostelán, popular en toda España.

Resultado de imagen de POLBO A FEIRa
Polbo á feira

Día 11 – Deportes

A industria do deporte constitúe un negocio moi amplio que abarca, entre outros, a venta de alimentos e souvenirs deportivos. Nesta industria hai numerosas partes interesadas, dende os clubes, as ligas e os patrocinadores a os organismos de radiodifusión e, por suposto, os fabricantes do equipamento que fai posible o deporte de alto nivel: a industria dos artículos deportivos. Según un estudo da consultora A.T. Kearny, estímase que o valor da industria mundial do deporte alcanza os 620 mil millóns de dólares EE.UU. https://www.wipo.int/wipo_magazine/es/2012/05/article_0005.html

O MEU COMENTARIO

No fútbol galego destaca o Real Club Celta de Vigo que vai 18º na Liga mentres que o Deportivo da Coruña vai 22º en Segunda División.

En baloncesto a nivel nacional gañou o Real Madrid o pasado ano e en tenis destacou Rafael Nadal. A liga de fútbol a encabeza o Barcelona.

Resultado de imagen de deportivo

Deportivo da Coruña

Día 10 – Música de estilos “modernos”

A música española moderna está moi influenciada pola cultura anglosaxona, especialmente por Estados Unidos e Reino Unido. Nas listas de éxitos españolas encontrarás o mesmo que nas do resto do mundo: Beyonce, Katy Perry, Rihanna… A influencia latinoamericana tamén está presente.

Poderiamos citar a xente como Alejandro Sanz, Malú, Dani Martín, Pablo Alborán e Melendi, a maioría artistas comerciais con estilos afines ao pop. https://www.dream-alcala.com/que-musica-se-escucha-en-espana/

O MEU COMENTARIO

No mundo da música pop en España triunfaron este ano cancións de artistas como Aitana, Leiva, Pablo Alborán, Taburete e bandas como Dvicio ou Sinsinati.

Tamén escóitase moito reggae o cal lidera as listas de reprodución entre os xóvenes.

Andrés Suaréz, de Ferrol, tamén foi famoso este ano coas suás baladas.

Resultado de imagen de leiva cantando
Leiva

Día 9 – Mosteiros e Pazos galegos

Lendas, contos e poesías situaron aos pazos no centro da cultura galega. A orixe destas construccións remóntase aos castelos e fortalezas medievais. A súa arquitectura é moi característica, con portóns, patio, hórreos, palomares, xardíns e murallas. https://www.spain.info/es/reportajes/vivir_en_palacios_pazos_gallegos.html

O MEU COMENTARIO

Entre os mosteiros galegos debemos destacar o mosteiro de Sobrado dos Monxes (A Coruña), que forma parte do camiño de Santiago, o mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá, monumento histórico artístico dende 1974 e o mosteiro de Santa Cristina (Parada do Sil, Ourense).

Resultado de imagen de San Salvador de Vilanova de Lourenzá
Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá

Entre os pazos destaca o Pazo de Oza dos ríos, en Santa Cruz:

Día 8 – Paisaxes naturais

Galicia é máxica. Os galegos sábeno. Terra, auga e aire conxúganse aquí de forma que os paisaxes nunca defraudan, sexa cal sexa a estación do ano que elixas para visitala. Sen embargo, a fama de moitos dos seus rincóns fai sombra a outros que merecen igualmente ser tan valorizados como visitados. https://viajes.lavozdegalicia.es/lista/viajes-galicia/2018/07/04/diez-paisajes-increibles-creeras-galicia/03071530722570005259962.htm#1

O MEU COMENTARIO

En Galicia gozamos dunha gran cantidade de paisaxes naturais entre as que se encontran O Fuciño do Porco en Lugo, As Illas Cíes, nas que hai gran variedade de aves e espectaculares vistas, A Praia das Catedrais, un dos rincóns máis bonitos de Galicia, os viñedos de Doade, na Ribeira Sacra, a Torre de Hércules, monumento característico da cidade da Coruña ou As Fragas do Eume, Parque Natural dende 1997 e considerado como un ecosistema único en toda Europa.

Viñedos de Doade (Ribeira Sacra)