Galicia é máxica. Os galegos sábeno. Terra, auga e aire conxúganse aquí de forma que os paisaxes nunca defraudan, sexa cal sexa a estación do ano que elixas para visitala. Sen embargo, a fama de moitos dos seus rincóns fai sombra a outros que merecen igualmente ser tan valorizados como visitados. https://viajes.lavozdegalicia.es/lista/viajes-galicia/2018/07/04/diez-paisajes-increibles-creeras-galicia/03071530722570005259962.htm#1
O MEU COMENTARIO
En Galicia gozamos dunha gran cantidade de paisaxes naturais entre as que se encontran O Fuciño do Porco en Lugo, As Illas Cíes, nas que hai gran variedade de aves e espectaculares vistas, A Praia das Catedrais, un dos rincóns máis bonitos de Galicia, os viñedos de Doade, na Ribeira Sacra, a Torre de Hércules, monumento característico da cidade da Coruña ou As Fragas do Eume, Parque Natural dende 1997 e considerado como un ecosistema único en toda Europa.
