Video sobre a experiencia

2. Coa familia
1. Tempo de lecer
3. No colexio

Anuncio publicitario

Día 26 – Agro: agricultura e gandería

A agricultura é o conxunto de actividades económicas e técnicas relacionadas co tratamento do solo e o cultivo da terra para a produción de alimentos. https://es.wikipedia.org/wiki/Agricultura

A gandaría é unha  actividade económica de orixe moi antigo que consiste no manexo e explotación de animais domesticables co fin de producción. https://es.wikipedia.org/wiki/Ganader%C3%ADa

O MEU COMENTARIO

O sector gandeiro e agrario sempre foron os principais en Galicia, sobre todo no interior da comunidade. 

A produción de leite e a de vacuno de carne son, por esta orde, os principais activos do sector gandeiro en Galicia, outras especies, como o ovino e o caprino, están conseguindo cada vez maior relevancia en canto á rentabilidade das explotacións.

A produción de alimentos de calidade é un dos principais activos da economía galega. Preténdese reivindicar a defensa da utilización, consumo e distribución de produtos agroalimentarios galegos para poñer en valor os nosos recursos e para xerar riqueza mediante o cerre do ciclo produtivo no noso País.

https://mediorural.xunta.gal/es/areas/ganaderia/presentacion/

Resultado de imagen de ganaderia galicia

Día 25 – Mar

Cinco billóns de partículas de plástico frotan libremente nos océanos do planeta, residuos dos que se nutre o plancton mariño, o alimento dos peces, e que son o resultado da descomposición dos entre oito e dez millóns de toneladas de polímeros, cos seus correspondentes aditivos químicos, que cada ano acaban nas aguas mariñas. Un auténtico desafío para a humanidade. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/faigaliciaverde/2018/07/29/mar-plastico-amenaza-real/0003_201807G29P32994.htm

O MEU COMENTARIO

Encontramos mares e ríos cada vez máis contaminados grazas á acción humana, en consecuencia á contaminación este ano otorgáronse seis banderas negras en Galicia.

No seu informe 2019, Ecoloxistas en Acción recolle os principais danos feitos ao ecosistema litoral e, entre os de toda España, destaca os das rías de O Burgo e Viveiro, e as dunas de Barrañán, así como zonas de actividade industrial que provocan contaminación ao cercano mar.

Resultado de imagen de contaminacion mares galicia

Día 24 – Lusofonía

A lusofonía é o conxunto de países que teñen como lingua oficial o portugués, que é lingua oficial en oito países: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, Timor Oriental e Santo Tomé e Príncipe.

Existen rexións de distintos países onde o idioma portugués é o oficial. Tamén hai outras rexións onde o portugués non é oficial, pero é usado como lingua materna debido aos vínculos históricos que tiveron con Portugal. https://esacademic.com/dic.nsf/eswiki/752881

O MEU COMENTARIO

O galego é un valor cultural que nos identifica como pobo e que nos conecta cunha comunidade maior de casi 200 millóns de persoas que falan portugués, xa que a intercomprensión entre ambas linguas é posible sen necesidade de mediación. 

Resultado de imagen de lusofonia

Día 23 – Muller

A igualdade de xénero é fundamental para a realización dos dereitos humanos de todas as persoas. Sen embargo, as leis discriminatorias contra as mulleres aún persisten en todos os rincóns do mundo e continúanse promulgando novas leis deste tipo. https://www.ohchr.org/SP/AboutUs/Pages/DiscriminationAgainstWomen.aspx

O MEU COMENTARIO

O tema do feminismo é cada vez máis importante, este ano no oito de marzo as mulleres saíron á rúa a loitar pola igualdade de dereitos nos distintos ámbitos, foron manifestacións multitudinarias en toda Galicia e España.

Resultado de imagen de 8 marzo coruña

Día 22 – Artes e Artesanía

Artesanía refírese a dúas cousas: ao traballo dun artesán (normalmente realizado de forma manual por unha persoa), como ao produto obtido no que cada peza é distinta ás demais. https://es.wikipedia.org/wiki/Artesan%C3%ADa

A arte é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado cunha finalidade estética e tamén comunicativa, mediante a cal exprésanse ideas, emocións e, en xeral, unha visión do mundo, a través de diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros, corporais e mixtos. https://es.wikipedia.org/wiki/Arte

O MEU COMENTARIO

A arte está moi presente na Coruña, esto pode verse no museo de Belas Artes, onde se encontran expostas moitas pinturas importantes e nas feiras de artesanía que se celebran cada ano, nas que varias decenas de artesáns poñen os seus postos nas rúas e venden as súas pezas de artesanía.

Resultado de imagen de feria de artesania coruña

Día 21 – Novela

A novela é unha obra literaria na que se narra unha acción finxida en todo ou en parte e cuxo fin é causar pracer estético aos lectores coa descripción ou pintura de sucesos ou lances interesantes así como de personaxes, pasións e costumes, que en moitos casos serven de insumos para a propia reflexión. https://es.wikipedia.org/wiki/Novela

O MEU COMENTARIO

A arte de trobarde Santiago Lopo é un libro que lin recentemente e recomendaríalo moito polo seu sorprendente final e interesante trama.

No século XIII, unha «troupe» de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga.

Resultado de imagen de a arte de trobar

Día 20 – Ciencia

A ciencia é un sistema ordenado de coñecementos estructurados que estuda, investiga e interpreta os fenómenos naturais, sociais e artificiais. O coñecemento científico obtense mediante observación e experimentación en ámbitos específicos. https://es.wikipedia.org/wiki/Ciencia

O MEU COMENTARIO

A ciencia é unha rama do saber moi importante, por iso, na Coruña hai unha semana adicada á ciencia, chamada Ciencia na rúa, onde se fan actividades e os alumnos poñen a proba os seus inventos. Calquera pode pasarse a disfrutar dunha gran variedade de eventos e aprender máis sobre a ciencia

Resultado de imagen de ciencia en la calle

Día 19 – Teatro

O teatro é a rama das artes escénicas relacionada coa actuación. Representa historias actuadas frente aos espectadores ou frente a unha cámara usando unha combinación de discurso, xestos, escenografía, música, son ou espectáculo. https://es.wikipedia.org/wiki/Teatro

O MEU COMENTARIO

A Compañía de Teatro Noite Bohemia é unha compañía de teatro xuvenil que nace no IES Ramón Menéndez Pidal no ano 2008 como froito das inquedanzas dun grupo de alumnos e alumnas que querían facer teatro no seu instituto.

O proxecto comezou en principio como un grupo de teatro escolar, crecendo ao longo dos anos, e ese pequeno grupo é agora unha das compañías de teatro xuvenil máis recoñecidas a nivel nacional e internacional dentro do mundo do teatro.

Resultado de imagen de compañia de teatro noite bohemia

Día 18 – Libro de poesía

A poesía é un xénero literario considerado como unha manifestación da beleza o do sentimento estético por medio da palabra, en verso ou en prosa. https://es.wikipedia.org/wiki/Poes%C3%ADa

O MEU COMENTARIO

Mar ao Norde de Álvaro Cunqueiro é un antigo libro cheo de poemas publicado en 1932. Este primer libro do autor consiste nunha serie de poemas que Cunqueiro escribiu moi xoven e que están repletos dunha emoción contemplativa e dinámica. Os poemas están escritos nunha lingua complexa, enigmática pero ao mesmo tempo non pode disimular a afectividade do seu corazón xuvenil.

Resultado de imagen de mar ao norde