O teatro é a rama das artes escénicas relacionada coa actuación. Representa historias actuadas frente aos espectadores ou frente a unha cámara usando unha combinación de discurso, xestos, escenografía, música, son ou espectáculo. https://es.wikipedia.org/wiki/Teatro
O MEU COMENTARIO
A Compañía de Teatro Noite Bohemia é unha compañía de teatro xuvenil que nace no IES Ramón Menéndez Pidal no ano 2008 como froito das inquedanzas dun grupo de alumnos e alumnas que querían facer teatro no seu instituto.
O proxecto comezou en principio como un grupo de teatro escolar, crecendo ao longo dos anos, e ese pequeno grupo é agora unha das compañías de teatro xuvenil máis recoñecidas a nivel nacional e internacional dentro do mundo do teatro.
